Programa confirmado e aberto a novas propostas para os encontros O Rural Quere Xente

Aquí tendes o programa dos encontros que terán lugar en Saumede a próxima finde.

Neste enlace tamén atoparedes a folla de inscripción por se queredes acudir!!

https://xornadasrurais.wordpress.com/inscricion-iv-xornadas-orqx-saumede/

XOVES 2 VENRES 3 SÁBADO 4 DOMINGO 5
08.00 TAI CHI, CHI KUNG, IOGA
09.00 ALMORZO
10.00 OBRADOIROS:RESISTENCIAS E ALTERNATIVAS AO HETEROPATRIARCADOBIOCONSTRUCIÓN BIOCONSTRUCIONPAN, EMPANADAS E PIZZASINTRODUCCIÓN Á CESTEIRIA

CONSTRUCIÓN DUN BAÑO SECO PORTATIL

DANZA AFRICANA:RITMO

EQUILIBRIO

E

DESINHIBICION

12.30 CONSTRUCCIÓN DUN MURO VIKINGO

DANZAS DO MUNDO

MALABARES

XOGOS

CONSTRUCCIÓN DUN MURO VIKINGO
DANZAS DO MUNDO

MALABARES

XOGOS

14.00 XANTAR E DIXESTIÓN
16.30 RECEPCIÓN E ACOLLIDA FOROS DE DEBATE:-EDUCACIÓN: “AS OUTRAS ESCOLAS”–AGROECOLOXIA E MONTES VECIÑAIS

XOGOS E ACTIVIDADES PARA AS CATIVAS

FOROS DE DEBATE- Á PROCURA DOUTRAS RELACIÓNSECONOMICASTTIP TRATADO DE LIBRE COMERCIO UE-USA

FORO

BIOCONSTRUCION

XOGOS E ACTIVIDADES PARA AS CATIVAS

RESUMO DE CONCLUSIÓNS/PROPOSTAS EFESTIÑA DE ATA PRONTO COA ACTUACIÓN DE PAN DE CAPAZO
18.30 MERENDA ( para as que están a medrar )
19.30 ASAMBLEA DE ORGANIZACIÓN ASAMBLEA ORQX ASAMBLEA ORQX
21.30 CEA
22.30 PRESENTACION E TERTULIA DAS INICIATIVAS DESAUMEDE MUSICA , TEATRO,… O RURAL QUERE FESTA

CONTIDOS: Polo momento esta confirmado todo isto, ainda que hai espazo par que se vaian incorporando máis actividades:

ASAMBLEAS

No primeiro momento cómpre organizar os grupos e quendas de traballo (cociña, limpeza etc) nunha primeira asamblea organizativa. Pódense presentar as distintas actividades programadas e incorporar as que xurdan no último momento.

A primeira noite a xente de Saumede contaranos en qué consiste a súa iniciativa.

Nas asambleas sucesivas de ORQX a idea é facer unha posta en común das actividades que tiveran lugar ó longo do día e a presentación das propostas de actuación que saian de cada unha delas, que se someterán a debate. Ademáis intentaremos que as asambleas sirvan para seguir avanzando na construción e a dinamización da Rede.

RESISTENCIAS E ALTERNATIVAS AO HETERO PATRIARCADO

Espazo para a expresión de diferentes ópticas que poidan existir sobre esta temática. A consecuencia debería ser unha toma de conciencia que permita abordar cambios, tanto a nivel de actitudes persoais como a nivel de accións sociais. Parécenos interesante abordar este tema contextualizándoo nas particulares condicións que se dan no medio rural neste país.

Máximo 35 persoas.

Á PROCURA DOUTRAS RELACIÓNS ECONOMICAS

Espazo para a reflexión e a elaboración de propostas entre a xente que participa ou ten interese nas diversas iniciativas que estan a traballar neste senso: mercados agroecoloxicos, sellos participativos, redes de troco e moedas sociais, etc.

AS OUTRAS ESCOLAS

Espazo para o encontro e a posta en común entre xentes que participan ou están por acercarse a estas iniciativas.

AGROECOLOXIA NOS MONTES VECIÑAIS

Dende sempre o monte foi fonte de recursos cos que cubrir as necesidades das comunidades humanas (vivenda, alimentos, calor…). Hoxe as comunidades veciñais de monte en man común son as propietarias do 30% do monte galego e de forma asamblearia xestionan o seu aproveitamento, e existen moitas iniciativas que se basean nos referentes agroecoloxicos na súa xestión.

TRATADO DE LIBRE COMERCIO USA-EU (T.T.I.P.)

Moitos dos males que sufre noso rural teñen a súa orixe nos grandes intereses das grades compañías transnacionais que, dende os grades centros de poder, se alimentan do expolio dos recursos e a explotación das xentes da periferia (rural, barrios, sur…). Dende o poder político están a poñerlles a alfombra vermella co tratado que negocian de costas a nós.

OBRADOIRO DE HORTA

OBRADOIRO DE PANADERÍA

Faremos empanadas, pizzas e cousas ricas.

OBRADOIROS DE BIOCONSTRUCIÓN.

A maiores de aprender técnicas, axudamos a restaurar Saumede. Grupos de aprox. 8 persoas.

CONSTRUCIÓN DE BAÑO SECO PORTATIL

Na mesma liña que o anterior.

AFIADO DE MOTOSERRAS E MACHADAS

Quen queira que traia a ferramenta.

MALABARES, DANZAS,XOGOS,… Para cambiar o mundo

TEATRO, MÚSICA E CULTURA REVOLUCIONARIA

– Para desenvolver este programa contamos cos espazos xa habilitados polas compas de Saumede máis os que prepare a avazadiña que chegue antes. Xa sabedes, quen poida que non o dubide.

– Os cartos veñen das inscricións, da cantina e do pucho máxico. No asunto das comidas repetimos esquema e contamos coas achegas de todas.

– É importante que as persoas que teñan pensado asistir se inscriban para facer máis doada a organización. A única referencia que temos sobre o número posible de participantes é a listaxe de inscricións.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s