Festival AoComPaz de Saumede 2015

Boas Compañeir@s !!

Estamos orgullos@s de presentarvos a quinta edición do Festival Ao ComPaz de Saumede os 7, 8 e 9 de Agosto 2015 !Ao compaz é un festival independente da Cultura moderna, orixinal, alternativa de Galiza e outras partes.

O 7 de Agosto abrimos o festival con música de gran calidade grazas á participación de Cuerpo Astral que nos dará un show extraterrestre máis alá das nosas percepcións físicas con humor e ritmos animados.
Para non aterrar ainda, o grupo de Vigo Es Un Árbol, nos axitará o corpo e as neuronas ca súa música rockeira absurda e transcendental ; exquisita mezcla de King Crimson, Monty Pythons, Zappa ou Tom Waits.

Nesta primeira noite e durante os dous días seguintes, poderemos regalárnolos ollos cas exposicións de ilustradores locais e tamén do pintor grafiteiro MAPE OT chegado dende París para nos presentar os resultados da súa residencia en Saumede ; arte contemporáneo urbano/rural sen contaminación.

O sábado 8 de Agosto, o colectivo ourensano Discos Porno tomará o control de Saumede para facernos descubrir as perlas da música actual underground emerxente ; probándonos, en cada momento dunha noite tola, que non nacimos na mala xeración.

Para acabar o festival con suavidade e voluptuosidade, o Domingo 9 de Agosto, o Mercado de Verán nos curará de tódolos nosos vicios.
Quedade a disfrutar de produtos artesanais e locais.
Deleitadevos cos sorisos sen dentes dos máis pequenos aos máis maiores.
Comprobade as calidades psicomotrices que vos quedan participando no concurso internacional de petanca e outros xogos.

Que linda é a vida !

Para non perder un minuto deses 3 dias máxicos, hai acampada, sitio para furgóns, duchas (frias), baños secos e cociña.
A xestión da comida e lugares de vida é independente da organización do festival, ainda que se vende cea durante as noites 7 e 8 e comida o 9 de Agosto.
Contamos co sentido natural de respeto e responsabilidade de tod@s.

O acceso a ese fantástico e único festival é a vontade. é un evento totalmente independente, autoxestionado, autofinanzado polas Asociación El Pueblo Saumede
e ACAS, como o resto do ano. Asi que grazas por apoiar este evento e traballo valorándolo como poidades/queirades.

Vémonos no Ao ComPaz !!

Cartel de Simon Fuste de Bona.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s