Festival Ao ComPaz de Saumede 2016

ao compaz 2016 hd

O Festival Ao Compaz leva por sexto ano música a Saumede, de balde coma sempre, e este ano de forma especialmente rica e variada, con espazo para o máis puramente popular e o risco formal máis extremo. Dende os ritmos de verbena de O Sonoro Maxín ata a electrónica intensa de Pálida, haberá pop inmediato (Dois), improvisación de vangarda post-punk (IGMIG), experimentación vocal máxica (MounQup), sonidos cósmicos e psicodélicos (MontañaMuerte), soul/blues (Blues do País) e as cancións de Emilio José, que pasan por aínda máis xéneros. Ademais disto, cada noite acabará cunha pinchada de música para bailar e haberá máis actividades: unha exposición do artista Simon Fusté De Bona, mercadiño, xogos tradicionais, campeonato internacional de petanca… Podedes escoitar ás bandas nestes enlaces:

http://osonoromaxin.com/info/120329_a-onda-sonora/descargas/musica/a-onda-sonora-chega-do-interior/

https://foehnrecords.bandcamp.com/album/emilio-jos-agricultura-livre-cd1

https://doisdois.bandcamp.com/releases

https://igmig.bandcamp.com/releases

https://soundcloud.com/mounqup

https://montemuerte.bandcamp.com/

https://palida.bandcamp.com/

https://soundcloud.com/blues-do-pais

A entrada ao festival é libre e gratuita, igual que a acampada e o aparcamento. Hai duchas frías e baños secos, así como comida e bebida á venda a prezos populares para contribuír ao autofinanciamento do evento.

Os horarios concretos son os seguintes:

Venres 5 de agosto (A partir das 22:00)

MontañaMuerte

Emilio José

Dois

O Sonoro Maxín

 

Sábado 6 de agosto (A partir das 22:00)

MounQup

IGMIG

Pálida

Domingo 7 de agosto (A partir das 11:00)

Mercadiño de verán de produtos locais ecolóxicos e artesanía

Xogos tradicionais

Concurso internacional de petanca

Sesión vermú con Blues do País

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s