A aldea

Saumede é unha aldea galega do século XVII constituída por vintenove pequenas construcións, a día de hoxe ruínas de granito e tella: casas de labregos e gandeiros, pegadas entre elas, con patíns, patios, solainas e galerías. Cortes, hórreos e un forno tradicional pechan este pequeno núcleo edificado entre leiras e regatos, carballos, bidueiros e castiñeiros. Ao redor, xabarís, corzos e doniñas, aguias, falcóns e paxaros carpinteiros, ras, píntegas e serpes, manteñen o ecosistema salvaxe da zona.

Abandonado dende fai mais de trinta anos, Saumede reviviu no 2010 cun grupo de inquilinos que se instalaron na única casa habitable. Estes novos residentes eran os membros da asociación bretona El Pueblo e da galega ACAS, cuxo propósito común foi, e segue sendo, redinamizar a zona dunha maneira artística, cultural e harmónica cas costumes e entorno natural do pobo bolense.

Un detalle fundamental que fai excepcional a aldea de Saumede é o feito de estar encravada no concello ourensá de A Bola, declarado pola UNESCO -xunto cos concellos de Allariz, Vilar de Santos e Rairiz de Veiga- como Reserva da Biosfera. Este recoñecemento implica un compromiso de futuro cara unha defensa do medio rural que pasa non só pola conservación dunha riqueza natural, senón tamén por un impulso para aumentar a calidade de vida da veciñanza, fomentar a produción artesanal do lugar e promover unha participación social que revitalice este cacho de terra cargado de historia e talento.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s