O proxecto

Saumede é unha asociación sen ánimo de lucro e autoxestionada creada en 2010 situada no pobo de Saumede na Bola (Ourense).

A asociación de Saumede pretende dinamizar o medio rural promovendo actividades culturais, artesanais e artísticas en relación cunha forma de vida sostible e respectuosa na que tecer redes e construír o noso tempo de lecer.

Porque queremos un rural vivo no que desenvolvernos plenamente !

Actividades culturais : 

Desenvolvemento cultural a través da organización de eventos diversos como concertos, mercados de productos locais e ecolóxico, talleres…

Actividades artísticas : 

A asociación quere ofrecer un lugar de traballo con aloxamento temporal para axudar a realización de proxetos artísticos ou artesanais

2011tSaumedephotosBertrand41_zpsece2747e

E máis para chegar…

Dinamización quere decir tamén evolución : a asociación está aberta ás novas propostas e colaboracións de calquera tipo dacordo coa ética da asociación.

 

Principios de Saumede:

  • Respecto da persoa humana e dos seus dereitos
  • Toda acción/proxecto emprendido en Saumede non pode se ilegal
  • Respecto da natureza e do medioambiente
  • Toda acción emprendida en Saumede debe beneficiar de maneira non exclusiva á revitalización global da aldea
  • Os terreos de acción son variados: social, cultural, agrícola, medioambiental, artístico, económico, artesanía…
  • Promoción do patrimonio arquitectónico e cultural local
  • Promoción do desenvolvemento rural sostible (Conservación de enerxía, promoción das enerxías renovables, mellora e xestión sostibles dos recursos do lugar…)

A asociación El Pueblo ocúpase de Saumede como plataforma intermediaria e inevitable entre a aldea e os proxectos/accións que se implanten. Todos estes proxectos deben respectar estes principios xerais e ser presentados e aprobados en asamblea xeral.

A asociación debe:

  • Avaliar e aprobar os proxectos/accións de revitalización
  • Coordinar e acompañar ditos proxectos/accións
  • Coordinar e xestionar o uso dos espazos
  • Xestionar os terreos e construccións (compra, cesión, aluguer…)
  • Coordinar e acompañar nas conversas e negociacións cos colaboradores externos en Saumede, sobre todo institucionais.

Deja un comentario